ALCALDÍA
Recepción aos organizadores do Congreso de Empresarios Hoteleiros Españois
19/05/2010 O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu na Casa do Concello a unha comitiva dos participantes e organizadores do Congreso de Empresarios Hoteleiros Españois, que comezará mañá no Palacio de Congresos de Santiago.
Será o propio alcalde o encargado de inaugurar este Congreso, que contará con destacados ponentes dos ámbitos empresarial e político.