SERVIZOS

Traballadores en folga de Urbaser queiman outros seis colectores na madrugada do luns ao martes

18/05/2010 O Concello de Santiago reitera unha vez máis a súa enérxica condena aos actos vandálicos dos traballadores do servizo de recollida do lixo que están en folga. Nesta última madrugada do luns ao martes, os Bombeiros tiveron que realizar diversas saídas para atender ás incidencias.

O balance desta noite deixou seis colectores queimados en: avenida de Coimbra, rúa García Lorca, rúa Quiroga Palacios, avenida de Lugo, rúa Madrid e rúa Moscova e un intento de queima dun colector na Costa do Veedor.

Ademais, ás 00:20 horas da madrugada do 18 foi identificado un traballador de Urbaser que portaba unha garrafa de 10 litros de gasolina. Segundo se puido comprobar, este mesmo traballador comprara outra garrafa similar en días anteriores.

Compartir: