BENESTAR SOCIAL

A Área de Benestar Social recibe a visita dunha delegación de Solna (Suecia)

18/05/2010 Unha delegación do Departamento de Servizos Sociais da localidade sueca de Solna está a realizar unha visita de estudo á Área de Benestar Social do Concello de Santiago.

O municipio de Solna solicitara esta visita co obxecto de intercambiar coñecementos e boas prácticas con colegas da Área de Benestar Social do Concello de Santiago. É tamén unha boa oportunidade para fortalecer a cooperación interna entre distintas unidades. Durante a visita, ademais de participar en distintas reunións nas oficinas de Benestar Social, os técnicos municipais suecos foron recibidos en Raxoi pola concelleira de Benestar Social, Mar Martín.

A delegación de Solna, que tamén percorrerá as distintas unidades integradas na Área Social, está composta polos xefes do Departamento de Servizos Sociais e por unha representación do seu persoal, que inclúe terapeutas, traballadoras/es sociais e persoal administrativo.

Compartir: