ALCALDÍA

A peregrinación tende lazos entre Compostela e Viana do Castelo

15/05/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. sánchez Bugallo, ofreceu unha recepción en Raxoi aos representantes dunha peregrinación de Viana do Castelo, encabezada polo seu alcalde, José María Costa.

O grupo chegou acompañado dunha representación de traxes tradicionais da zona de Viana ricamente decorados con ouro. Durante o encontro, o alcalde da localidade portuguesa agradeceu a hospitalidade do rexedor de Compostela e convidouno a participar nas súas próximas festas patronais de Nossa Senhora D'Agonia, que se celebran a finais de agosto.

Pola súa parte, o alcalde compostelán agradeceu o convite e recordou os lazos que unen dende hai moitos anos a ambas vilas e a colaboración institucional que manteñen a través de redes ás que ambos pertencen, coma o Eixo Atlántico.

Compartir: