ALCALDÍA

O sorteo da Lotería Nacional en Santiago repartirá 42 millóns en premios

14/05/2010 O sábado 15 de maio, ás 13:00 horas, celebrarase no Hostal dos Reis Católicos o sorteo de Lotería Nacional. Un día antes, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu aos rapaces do Colexio San Ildefonso encargados de cantar os números e os premios.

Neste sorteo repartiranse 42 millóns de euros. O primeiro premio levará 600.000 euros por serie, e o segundo 120.000. Haberá un premio especial de 3 millóns de euros a un só décimo.

Compartir: