ALCALDÍA

Os Príncipes de Asturias pídenlle ao Apóstolo protección para todos "nestes tempos difíciles"

13/05/2010 Os Príncipes de Asturias, don Felipe e dona Letizia, quixeron participar deste Ano Santo coa súa visita a Santiago o día da Ascensión. Primeiro realizaron a pé un tramo do Camiño e logo asistiron á Misa do Peregrino na Catedral compostelá.

En San Paio (Lavacolla) os Príncipes de Asturias foron recibidos por diversas autoridades, entre elas o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, que os acompañaron a pé no último tramo do Camiño. Fixeron unha breve parada no Monte do Gozo para atender os medios de comunicación e animar a "todo o que poida" a realizar o Camiño. "É moi longo, hai moito onde elixir e, sobre todo, que teñan un tempo reservado para vir a visitar o Apóstolo e Galicia", indicou don Felipe.

Antes de reemprender a marcha, o Príncipe anunciou que ían pedirlle ao Apóstolo "que nos siga coidando nestes tempos difíciles que vivimos todos". Ademais, recén chegado de Hamburgo (Alemania), da final da Liga Europa, felicitou ao Atlético de Madrid pola súa victoria, que tamén agradeceu ao Santo no nome dos seus siareiros.

Rematado o tramo do Camiño, os Príncipes de Asturias atravesaron a Porta Santa e asistiron á Misa do Peregrino.

Compartir: