DEPORTES

A corporación municipal felicita ao Lobelle na Casa do Concello

12/12/2005 O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, xunto a unha representación da corporación municipal, recibiu na Casa do Concello á plantilla, o corpo técnico e a directiva do equipo do Lobelle para darlles a noraboa pola excepcional tempada que está a protagonizar.

Con motivo do liderato de liga logrado polo A. Lobelle de Santiago FS e da recente consecución da XVI Copa Xunta de Galicia, o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, xunto a unha representación da corporación municipal recibiu o luns 12 de decembro ás 18:00 horas no Pazo de Raxoi a toda a plantilla do A. Lobelle de Santiago FS.

Ao acto acudiron todos os xogadores, corpo técnico e a directiva do club. Sánchez Bugallo, tras felicitar a todo o equipo, quixo resaltar a "seriedade e o traballo ben feito" e amosouse orgulloso de que o equipo leve o nome de Santiago polo mundo adiante.

Compartir: