ALCALDÍA

Sindicalistas da construción percorren o Camiño en demanda da xubilación aos 60

12/05/2010 Un grupo de 60 sindicalistas da Federación Estatal de Construción, Madeira e Afíns (FECOMA) percorreron 60 quilómetros do Camiño para reivindicar a xubilación aos 60 para os traballadores de obra da construción. Á súa chegada a Compostela foron recibidos polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.

A marcha comezou o 10 de maio baixo ao título "Camiñemos xuntos pola xubilación aos 60 anos" e desenvolveuse polo último tramo do Camiño Francés, partindo de Leboreiro (Melide).

Compartir: