ALCALDÍA

Veteranos das Forzas Armadas e da Garda Civil peregrinan a Compostela

11/05/2010 A praza do Obradoiro acolleu os actos de formación e honores da Real Irmandade de Veteranos das Forzas Armadas e da Garda Civil, con motivo da peregrinación que realizaron a Compostela os seus integrantes neste Ano Santo

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu as estes actos, presididos polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. Numerosa xente congregouse no Obradoiro para contemplar a formación dos militares, procedentes de diversas partes de España, e para escoitar os himnos que se interpretaron.

Compartir: