ALCALDÍA

Encontro co presidente da Asociación de Xornalistas do Camiño de Santiago

10/05/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu o presidente da Asociación de Xornalistas do Camiño de Santiago, Cristóbal Ramírez, que lle explicou todas as actividades que a entidade ten previsto realizar neste Ano Santo, así como o labor de difusión que realiza de todo o relacionado cos Camiños.

A Asociación de Xornalistas do Camiño de Santiago é unha entidade integrada por profesionais da información interesados en promocionar os Camiños de Santiago en todo o mundo.

Compartir: