ALCALDÍA

Santiago de Compostela reafirma o seu sentimento europeísta

09/05/2010 No marco da Xornada Camiño de Santiago: Meta de Europa, incluída no programa Santiago-Une, tivo lugar un acto especial na Praza do Obradoiro: a través dunha performance formouse a bandeira da Unión Europea.

De xeito paralelo houbo talleres e xogos para nenos e mozos na Alameda, así como actuacións musicais. E nas prazas Roxa e do Toural, espectáculos de animación tamén ao mediodía.

Antes, os representantes municipais e das cidades irmandadas con Santiago, que participaron nos actos organizados no marco do programa Santiago-Une, acompañaron aos preto de 240 peregrinos da Asociación do Día de Galicia en Asturias na ofrenda floral que fixeron na estatuta de Alfonso II O Casto, a carón da Facultade de Historia.

O proxecto Camiño de Santiago: Meta de Europa ten a intención de, con base na xénese medieval do Camiño de Santiago e o seu papel como integrador e promotor da identidade europea e os seus valores, mostrar a súa potencialidade para ofrecer unha rede que reflexione sobre o futuro de Europa. Trátase de fomentar, a través de accións conxuntas, especialmente entre a xuventude, ainda que con implicación de toda a cidadanía, o diálogo intercultural que permita fomentar o senso de pertenza á Unión Europea entre os seus cidadáns.

Compartir: