ALCALDÍA

A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública exprésalle ao alcalde a súa preocupación polo futuro sanitario da área

07/05/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi os representantes da Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Santiago, encabezados polo seu presidente, Francisco Reyes.

O obxectivo desta Plataforma, segundo lle indicou Francisco Reyes ao alcalde é "a defensa do sistema sanitario público con acceso universal e financiado por impostos para todos os galegos. Xustifica o nacemento desta entidade pola "actitude do actual Goberno da Xunta, que está deteriorando e privatizando a sanidade pública en Galicia". Neste sentido, denuncian as medidas adoptadas para "restrinxir o gasto sanitario público, reducir os recursos do sistema e propiciar a destrución do sistema público".

A Plataforma está integrada por: Asociación de Defensa da Sanidade Pública da Área de Santiago, Asociación Veciñal de Conxo, Bloque Nacionalista Galego (BNG), Confederación Intersindical Galega (CIG), Comisións Obreiras (CC.OO.), Esquerda Unida (EU), Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE) e a Unión Xeral de Traballadores (UGT).

Compartir: