PROMOCIÓN ECONÓMICA E EMPREGO

O prazo de inscripción no concurso de escaparatismo remata o día 13

12/12/2005 O gañador do segundo certame de escaparatismo SCQ Shopping recibirá un investimento en promoción publicitaria do seu negocio e un galardón á excelencia comercial.

O prazo que teñen os comercios interesados en participar no certame SCQ Shopping de escaparatismo remata o 13 de decembro. Para facer as inscripcións hai que enviar un fax ao 981 554 229 ou enviando un correo electrónico a escaparatismo@compostela.org.

O período de exhibición dos escaparates será entre o 14 de decembro e o 23 de decembro do 2005. Esta é a primeira das catro edicións do concurso que se farán na convocatoria do SCQ Shopping deste ano, catro edicións que terán catro gañadores e que permitirán facer un seguemento continuado da calidade do escaparatismo no comercio compostelán.

Para ter máis información desta campaña da Concellaría de Promoción Económica, Comercio, Emprego e Mercados, poden consultar a webdesta concellería.

Compartir: