ALCALDÍA

O Concello únese á loita contra o cancro

06/05/2010 Como vén sendo habitual cada ano, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Benestar Social, Mar Martín, achegouse á mesa instalada pola Asociación Española de Loita contra o Cancro (AECC), neste caso na rúa Xeneral Pardiñas, con motivo da súa campaña de cuestación anual. Alí entregou un cheque cun donativo municipal.

O Concello únese así a esta cuestación anual, coa que a AECC recada fondos a través de 3.000 mesas en toda España, onde se sitúan as tradicionais huchas verdes e onde ofrecen todo tipo de información.

A solidariedade de milleiros de persoas a través dos seus donativos permite á Asociación levar a máis persoas as mensaxes de prevención do cancro, financiar proxectos de investigación oncolóxica, prestar asistencia psicolóxica e social a persoas afectadas pola enfermidade e desenvolver actividades con nenos e nenas enfermos.

Compartir: