ALCALDÍA

Os integrantes de Special Olympics Galicia peregrinarán en xuño a Santiago

05/05/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu os membros de Special Olympics Galicia. Estes contáronlle pólo miúdo os detalles da peregrinación que realizarán entre o 14 e o 20 de xuño a través das diferentes rutas do Camiño.

A principal característica desta peregrinación é a flexibilidade, xa que todos aqueles peregrinos que realicen o Camiño, terán a opción de escoller a ruta a realizar, cantas etapas e tamén a duración das mesmas. Todos os peregrinos encontraranse en Santiago o 20 de xuño, realizarán xuntos o último tramo do Camiño e asistirán á Misa do Peregrino.

E para todas aquelas persoas con discapacidade intelectual que non se atopan en condicións de poder realizar o Camiño, organizouse unha xornada de convivencia de familias e unha comida de confraternidade. Haberá diversas actividades de lecer, incluída unha actuación musical.

Direccións relacionadas



Compartir: