ALCALDÍA

Un foro de debate dá voz ás mulleres creadoras do cine e da televisión europea

05/05/2010 O Centro Galego de Arte Contemporánea acolle do 5 ao 7 de maio o II Encontro Internacional de CIMA (Asociación de Mulleres Cineastas e dos Medios Audiovisuais). Nas sete mesas de debate previstas participan mulleres profesionais dos países da Unión Europea: directoras de cine e televisión, actrices, guionistas, produtoras, distribuidoras, profesoras universitarias, etc.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu á inauguración deste Encontro, nun acto no que tamén participaron, entre outros, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo; a secretaria xeral de Políticas de Igualdade do Ministerio de Igualdade, Isabel Martínez, e a presidenta de CIMA, Inés Paris.

Entre os obxectivos deste foro de debate está o de dar voz e visibilidade ás mulleres creadoras do cine e da televisión europea, así como o de organizar unha rede europea de mulleres do audiovisual. Do II Encontro Internacional de CIMA sairá unha "Carta de Compostela", que será publicada, elevada aos responsables políticos e difundida como documento fundacional da rede de mulleres europeas do cine e da televisión.

Compartir: