AUDITORIO DE GALICIA

Seleccionadas as trinta obras do Premio Auditorio de Galicia

12/12/2005 As obras que resultaron seleccionadas no Cuarto Premio Auditorio de Galicia Novos Artistas 2005 conformarán a próxima exposición da sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia, que se inaugurará o mércores 21 de decembro.

Por cuarto ano consecutivo, o Auditorio de Galicia ofrece os traballos dos artistas seleccionados na convocatoria do Cuarto Premio Auditorio de Galicia Novos Artistas 2005, que xa se consolidou como unha cita de prestixio para os novos artistas galegos, ou residentes en Galicia, menores de corenta anos.

A selección foi realizada por un xurado presidido por Silvia Modia Ferreiro, directora e xerente do Auditorio de Galicia, por delegación do Presidente do Conselo Reitor do Auditorio de Galicia e formado por: Xosé Manuel Buxán, Isaac Díaz Pardo, Marga Crespo, Manuel Olveira, María Ruído e Xosé Vázquez Castro.

O xurado seleccionou de entre os traballos presentados a obra de 33 artistas que son as que se verán expostas na sala Ángel Brage na exposición Cuarto Premio Auditorio de Galicia Novos Artistas 2005 e na que se poderán admirar obras de tódalas disciplinas artísticas: pintura, escultura, fotografía ou vídeo.

Os artistas seleccionados nesta ocasión son os seguintes: Javier Aguilera, Misha Bies Golas, Maribel Castro, Samuel Castro Martínez, Rosendo Cid, Colectivo Capricho Español, Nicolás Combarro García, Isaac Cordal, Víctor-Hugo Costas Alonso, Chas, Victoria Diehl, Raquel Durán Illanes, Tamara Feijoo Cid, Fernando Fernández Pidal, Rebeca González González, Ernesto González Torterolo, Paola Guimeráns Sánchez, Fran Herbelllo, Santi Jiménez, LUDD34560, Zoraida Marqués, Antía Moure Arias, P. Pastor, José Paz, Pablo Pérez Sanmartín, Jorge Perianes, Mª del Pilar Rodríguez Fernández, Brais Rodríguez Verde, Rubén Santiago, Alexandre Santorio, Sara Sapetti González, Mauro Trastoy, e Eduardo Valiña.

A exposición inauguraráse o 21 de decembro de 2005 e permanecerá aberta até o 12 de febrero de 2006.

Compartir: