ALCALDÍA

Douscentos integrantes da Asociación de Párkinson culminan a súa peregrinación

28/04/2010 A peregrinación de 200 persoas da Asociación de Párkinson de Galicia chegou a Compostela. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, pasou a saudalos na praza do Obradoiro.

Despois de atravesar a Porta Santa e de asistir á misa do peregrino, a agrupación dirixiuse á praza do Obradoiro, onde realizaron unha solta de globos. Posteriormente, os participantes nesta peregrinación tiñan previsto celebrar unha comida de confraternidade no monte do Gozo.

Compartir: