ALCALDÍA
O programa de actividades da xornada comezara antes cunha visita á Catedral de Santiago. Despois da reunión, os participantes no encontro realizaron un percorrido guiado pola zona monumental.
Os delegados do Goberno nas comunidades do Camiño Francés fortalecen a coordinación de seguridade
27/04/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse en Raxoi cos delegados do Goberno nas comunidades autónomas que atravesa o Camiño Francés. O obxectivo desta xuntanza era mellorar a coordinación en materia de seguridade e promover os itinerarios xacobeos e a súa riqueza patrimonial.
Ademais do alcalde e do delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, promotor do encontro, participaron no mesmo os delegados do Goberno de Navarra, Elma Saiz; Aragón, Javier Fernández; Castela e León, Miguel Alejo; e Juan Antonio Urbina, que acudiu en representación do delegado do Goberno na Rioxa, José Antonio Ulecia.O programa de actividades da xornada comezara antes cunha visita á Catedral de Santiago. Despois da reunión, os participantes no encontro realizaron un percorrido guiado pola zona monumental.