ALCALDÍA

Seis bos usuarios do colector amarelo irán de fin de semana a un balneario de Galicia

26/04/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, entregou os seus bonos de fin de semana nun balneario ou Spa aos seis gañadores do Concurso sobre o uso correcto do colector de envases de plástico, latas e briks, organizado pola Concellería de Servizos. A súa titular, Marta Álvarez-Santullano, tamén participou no acto.

Os premiados polo bo uso do colector amarelo son Mónica Alonso Santos, Jesús Otero Botana, Dolores Miramontes Sánchez, María José Caramelo Otero, M. Rodríguez e María Caneda Cao. Tres dos gañadores son veciños de Figueiras, dous de Fontiñas e outro da República do Salvador. Todos poderán gozar dun bono de fin de semana para dúas persoas nun balneario ou hotel SPA de catro estrelas en Galicia, que inclúe unha noite de aloxamento nun cuarto duplo, o almorzo e circuíto de piscina termal.

Os galardoados foran elixidos tras un sorteo no que se escolleran ao chou bolsas do colector amarelo que indicaban no exterior nome, enderezo e teléfono do cidadán que as depositou. Outro dos criterios de asignación foi a correcta utilización dos colectores destinados á recollida de envases de plástico, latas e briks.

Compartir: