SANIDADE

Segunda sesión introdutoria ao coñecemento e a educación canina

07/12/2005 O sábado 17 de decembro terá lugar o segundo curso de formación destinado aos propietarios de mascotas que organiza a Concellaría de Sanidade. Nel impartiranse coñecementos e consellos para unha axeitada educación para as persoas que conviven con cans.

Inicialmente ofreceranse dúas sesións, o domingo 27 de novembro e o sábado 17 de decembro, en horario matutino de 10 a 13 horas, e impartiranse nas instalacións do Refuxio

O Refuxio Municipal de Animais de Bando ten entre os seus obxectivos a prevención do abandono de animais de compañía, a promoción de boas prácticas en relación con eles e o fomento de adopcións responsábeis.

Na idea de promover unha boa relación entre as persoas e os animais de compañía a Concellaría de Sanidade está a desenvolver actividades formativas dirixidas ás persoas que adoptan ou posúen cans, dentro das cales se inclúen estas sesións introdutorias ao coñecemento e á educación canina.

A primeira sesión xa tivo lugar o pasado 27 de novembro. A segunda será o sábado 17 de decembro e trataranse os seguintes temas: coñecemento do animal (razas e carácter); proceso e métodos de aprendizaxe; saúde, hixiene e coidado dos cans e problemas dos cans nas cidades. O curso será impartido por María Sabell Sierra, especialista en conduta animal.

Compartir: