COMERCIO

Os comercios Joyería Bao, Supermerado Froiz, Fariña e Formigo, La princesa e Espagat serán homenaxeados polo Concello

22/04/2010 O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias deu a coñecer os nomes dos cinco estabelecementos que van ser homenaxeados en 2010. Son: Joyería Bao, Supermercados Lorenzo Froiz, Fariña e Formigo, La Princesa, e Espagat.

A homenaxe terá lugar o 28 de abril e consisitirá na entrega dunha distinción (unha figura de Sargadelos, cunha placa identificativa) no transcurso dunha recepción no Pazo de Raxoi. Durante o acto, enmarcado no programa de modernización e promoción comercial Esta Primavera, máis comercio. Merca en Compostela. A túa capital de compras, organizado pola Concellaría de Promoción Económica e Comercio, tamén se entregará unha distinción á tenda Pecados de Compostela, gañadora anual de do VI Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2009.

Esta homenaxe ao comercio de Compostela ten como obxectivos fortalecer os lazos entre as/os comerciantes de Compostela, recoñecer a súa laboura e transmitir a importancia do sector á cidadanía, tanto a nivel social como económico. Á convocatoria presentáronse nove comercios.

Comercios homenaxeados
A comisión avaliadora seleccionou os establecemento homenaxeados en base aos seguintes criterios de valoración: antigüidade do estabelecemento e que o comercio pasara de xeración a xeración no seo dunha mesma familia dende a súa fundación. Os comercios seleccionados en 2010 son:

1. Joyería Bao: fundada en 1934 e explotada no seu dunha mesma familia. Está situado na rúa da Caldeirería, número 8.
2. Supermercado Lorenzo Froiz: fundado en 1964 e explotado no seu dunha mesma familia. Está localizado na praza do Toural, número 2.
3. Fariña e Formigo: pratería fundada en 1969 e explotada no seu dunha mesma familia. Está situada na rúa da Acibecharía, número 18.
4. La Princesa. Tenda especializada en traxes de comunión e novias, fundada en 1970, e explotada no seu dunha mesma familia. Está situada na rúa da Caldeirería, número 53.
5. Espagat. Ximansio e spa fundado en 1985 e explotado no seu dunha mesma familia. Está localizado na rúa de Fernando III O Santo, número 12.

Compartir: