PARQUES E XARDÍNS

Novos elementos de xogo para áreas infantís do municipio

05/12/2005 A proposta do concelleiro delegado de Parques e Xardíns, Bernardino Rama, relativa á aprobación dos orzamentos, prego e inicio do expediente de contratación do subministro e instalación de elementos de xogos infantís para diversas áreas de xogo de Santiago foi aprobada pola Xunta de Goberno local.

A Xunta de Goberno local aprobou o luns orzamentos e o prego de cláusulas administrativas así como o inicio do expediente cunha licitación de 215.879,92 euros

Así mesmo, a Xunta aprobou as obras de acondicionamento da área de xogos infantís do parque San Lourenzo, que serán adxudicadas á empresa Montebalsa por 11.600 euros.

Compartir: