ALCALDÍA

O alcalde compostelán recibiu o presidente de Colega Galicia

20/04/2010 Rafael Moral, presidente de Colega Galicia (Colectivo de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais de Galicia) acudiu á Casa do Concello, onde foi recibido polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, e pola concelleira de Benestar Social, Mar Martín.

O máximo responsable de Colega Galicia presentoulle ao alcalde as actividades que esta Asociación está a desenvolver. Moral e Mar Martín concertaron unha reunión de traballo para a vindeira semana nas instalacións de Benestar Social, a fin de coordinar labores.

Compartir: