ALCALDÍA

O alcalde e a presidenta de ACEM falaron das obras da nova sede da asociación

15/04/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu a presidenta da Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM), Carmen Vázquez. Na conversa falaron sobre o estado das obras da que será a nova sede da entidade, en Salgueiriños.

Nunha parcela de 300 metros cadrados cedida polo Concello en Salgueiriños, ACEM constrúe un centro social e de rehabilitación integral para enfermos de esclerose múltiple. Este centro pretende ser un espazo de atención integral comunitaria e integradora, ao que poidan asistir persoas que teñan esclerose múltiple para ser atendidos nas súas necesidades físicas, psíquicas, sociais ou familiares.

No complexo prestarase atención fisioterapéutica, psicolóxica, ocupacional, logopédica e social. Albergará talleres ocupacionais e actividades de lecer, e terá tamén unha unidade de estancia temporal, dirixido a fomentar a independencia funcional do afectado e proporcionar un respiro familiar.

Compartir: