XUNTA DE GOBERNO

Adxudicadas as obras de mellora e rehabilitación nos centros educativos

15/04/2010 Nunha sesión extraordinaria da Xunta de Goberno, adxudicáronse os contratos para a realización das obras de adecuación, mellora e rehabilitación nos centros escolares da cidade. Sumando os catro paquetes de obras adxudicados, incluídos no Fondo Estatal para a Sostibilidade Local, o importe total é de 570.021 euros máis IVE.

As obras adxudicadas afectan aos centros Roxos-Villestros, Rodríguez Xixirei, escolas Infantís de Gaioso-Eixo, Rial-Laraño e Bispo Teodomiro (Marrozos), Apóstolo Santiago, Fontiñas, Lamas de Abade, escolas infantís de Conxo e Fontiñas, Monte dos Postes, Pío XII, Arquitecto Casas Novoa, A Sionlla, López Ferreiro, Vite e Raíña Fabiola.

Na Xunta de Goberno adxudicouse tamén provisionalmente o contrato das obras de división da rede unitaria de saneamento e ampliación de abastecemento na rúa Ulpiano Villanueva, por importe de 116.300 euros máis IVE.

Documentos relacionados



Compartir: