PROMOCIÓN ECONÓMICA E EMPREGO

O proxecto Persoa III formará a 90 participantes na atención a persoas

01/12/2005 Noventa usuarios participarán no proxecto, deseñado coma un proceso formativo e de acompañamento integral para mellorar a cualificación dos profesionais do sector dos servizos de atención ás persoas en Santiago.

O proxecto céntrase nun ámbito no que a Concellaría de Promoción Económica e Emprego ven traballando nos últimos anos, o da atención ás persoas, especialmente aos rapaces, persoas maiores, discapacitados e aos coidadores ou persoas que coidan a persoas dependentes.

Esta é a terceira edición do proxecto, que se centra nun ámbito no que éxite unha forte demanda de profesionais cualificados, tal como se describe no Estudo prospectivo sobre os recursos e necesidade existentes en Santiago no ámbito da atención ás persoas maiores e/ou dependentes elaborado polo Observatorio Local de Economía e Emprego da propia Concellería de Promoción Económica e Emprego.

Daranse seis especialidades, que teñen un carácter innovador: Especialista en atención a persoas maiores e discapacitadas; Especialista en mediación familiar y socieducativa na resolución de conflictos; Adestrador físico de persoas con discapacidade; Especialista no coidado da imaxe persoal e estética das persoas maiores e/ou dependentes; Atención temprana e estimulación precoz; Experto en envellecemento activo.

O proxecto diríxese a catro colectivos de desempregados: mulleres, xóvenes que non tiveron emprego, parados de longa duración e emigrantes retornados. Ten un orzamento de 585.000 euros, dos cales o Concello aporta o 30% e o Fondo Social Europeo o 70%.

No mes de xaneiro abrirase o prazo de inscripción. A información estará dispoñible en www.maiscompostela.org.

Compartir: