ALCALDÍA

Ojos del Mundo organiza en novembro unha gala solidaria no Hostal

14/04/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse co presidente da Fundación Ojos del Mundo e Síndic de Greuges (Defensor do Pobo de Cataluña), Rafael Ribó.

A Fundación Ojos del Mundo, que colabora co progreso sanitario e o desenvolvemento óptico-oftalmóloxico en países do terceiro mundo, está a organizar unha gala solidaria no Hostal dos Reis Católicos, para o que pediron ao alcalde que dende o Concello de Santiago se axude a difundir o evento. O diñeiro recadado nesta gala destinarase ás campañas solidarias da Fundación.

Compartir: