EDUCACIÓN

Un alumno do Colexio Vilas Alborada, gañador do concurso de carteis Nadal 2005

01/12/2005 Máis de 3.100 carteis de 23 centros de ensino infantil foron presentados ao "Concurso de carteis e programa de Nadal 2005" convocado polo Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago de Compostela. O cartel gañador nesta edición foi o presentado polo neno Martín López Prego, de 5 anos de idade, alumno do Colexio Vilas Alborada.

O segundo premio foi para alumnos do obradoiro da arte da Escola Infantil de Conxo e o terceiro premio para alumnos de aula de 2 e 3 anos de idade da Escola Infantil Raiola.

O xurado concedeu tamén os seguintes accésits
· Primeiro accésit: Juan Connolly Pérez, de 10 anos. Colexio A. Inmaculada.
· Segundo accésit: Laura Rial Pena, Tomás Agustín e Germán Vázquez, do CEIP Casas Novas.
· Terceiro accésit: Ana María Fandiño Argibay, de 11 anos. CEIP Colexiata de Sar.

As obras gañadoras serán empregadas, como é costume, na confección do cartel (o primeiro premio) e do programa das festas do Nadal-2005 (portada e contraportada o segundo e terceiro premio, respectivamente) que organiza o Concello.

O acto de entrega dos premios terá lugar o próximo venres, 16 de decembro, na Casa do Concello. Os premios consisten en:

1º premio: 240 euros e 120 euros para, respectivamente, o premiado o seu centro de ensino.
2º premio: 150 e 90 euros para, respectivamente, o premiado o seu centro.
3º premio: 120 e 60 euros para, respectivamente, o premiado o seu centro.
Accésits: 60 euros para cada un dos tres premiados.

O xurado estivo formado pola concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos; o pedagogo do Departamento de Educación, Xosé M. Rodríguez-Abella Gómez; o ilustrador Óscar Villán; e os alumnos David Rey Pernas (CEIP Arquitecto Caas Novoa), Borja Pazos Conde (CEIP Roxos), Santiago Baleato Peón (CEIP Colexiata de Sar), Viné Dono Martín (CEIP Lamas de Abade), Alejandro Regueiro Ares (CPR Santa Apoloniai) e Estefanía Guarda Sousa (CPR San Paio) xunto á técnica municipal do Departamento.

Compartir: