ALCALDÍA

Inaugurada a remodelación do local sociocultural de Lamascal (Fecha)

10/04/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou o remodelado Local Sociocultural de Lamascal (San Xoán de Fecha).

O LSC de Lamascal foi sometido a unha reforma profunda, xa que era un dos edificios da rede de centros socioculturais que se atopaba en peor estado. As melloras supuxeron a impermeabilización de fachada e cuberta, a substitucións de canalóns, baixantes e carpintarías; a mellora do pavimento e substitución de sanitarios; a eliminación de tabiques; a redistribución dos espazos e unha nova calefacción.

A remodelación deste local, ao igual que doutro grupo de centros socioculturais fíxose no marco do Fondo Estatal de Investimento Local.

Compartir: