CIDADE

Santiago recibe o primeiro premio Cidade Patrimonio da Humanidade 2005 do Ministerio de Cultura

01/12/2005 O Ministerio de Cultura concedeu á cidade de Santiago de Compostela o primeiro Premio de Cidades Patrimonio da Humanidade 2005 pola súa labor constante na conservación e rehabilitación do casco histórico.

Santiago foi elixido para recibir este premio, dotado con 15.025 euros, e feito público o martes 29 de novembro pola súa preocupación por "Dotarse de instrumentos de planeamento xeral e especial nos que se incorporan a rehabilitación do caserío, a recuperación e incorporación dos espazos públicos e a preocupación constante por integrar os cometidos que a arquitectura contemporánea cumpre no seu paisaxe urbano", segundo informaron desde o Ministerio de Cultura.

O segundo premio, dotado con 9.015 euros, recaeu na Universidade Internacional de Andalucía.

Compartir: