DEPORTES

Santiago acolle unha competición clasificatoria para o Campionato de España de Hóckey a Patíns na categoría junior

31/03/2010 O pavillón polideportivo de Vite acollerá os días 2,3 e 4 de abril a fase sector norte júnior de hóckey a patín, clasificatoria para o Campionato de España. Seis equipos de Galicia e Asturias loitarán por este campionato, no que a entrada será libre.

O concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, acompañado por representantes do Club Hóckey Compostela, presentou esta fase sector norte, que totalizará 15 partidos, grazas un sistema de todos contra todos a unha soa volta. Os equipos participantes serán, por Galicia, o CH Compostela, o HC Borbolla e o HC Liceo; e por Asturias o CP Areces L-5, o C. Biescas Gijón e o C. Oviedo Booling. O sorteo de emparellamentos celebrase ás 20.30 horas do xoves 1 de abril no estadio de San Lázaro.

Na categoría júnior militan xogadores que alternan esta categoría con outras superiores, mesmo na OK Liga. Polo tanto, poderanse ver en Vite xogadores que disputarán as competicións nacionais nos vindeiros anos. Será tamén unha oportunidade para potenciar a práctica deste deporte, de arraigada tradición en Galicia.

Compartir: