EDUCACIÓN

Continúan as actividades de Semana Santa no Centro de Interpretación do Medio Rural

30/03/2010 A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, visitou os rapaces e rapazas que están a participar no programa de conciliación familiar preparado para esta Semana Santa. Os escolares interveñen en diversos obradoiros e actividades didácticas, que continuarán ata o 3 de abril.

Un grupo de profesionais do tempo libre está a impartir estes obradoiros, que xiran arredor da fotografía, do patrimonio rural ou das novas tecnoloxías. Nos primeiros, os participantes aprenden a planificar a composición dunha fotografía e familiarizaranse con termos coma o centro de interese, o ángulo de toma, a forma e volume, o ton, o contraste ou a textura. Nos obradoiros do patrimonio rural hai actividades como a visita ao muíño da Portela (Figueiras) ou traballos co vimbio para conseguir un cesto de madeira tradicional. A concelleira puido comprobar como os rapaces realizan un destes cestos. Xa no eido das novas tecnoloxías, oportunidade para manexar diferentes programas informáticos ou crear o propio álbum dixital.

Compartir: