MULLER

O Alcalde recibe a dúas loitadoras a prol da muller palestina

15/03/2005 O Alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu na Casa do Concello na mañá do martes 15 de abril ás palestinas Maha Nassar e Juani Rishmawi. Esta tarde, na Galería Sargadelos darán unha charla sobre "Muller e saúde".

O Alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, xunto á concelleira de Muller, Adelaida Negreira, recibiron o martes 15 ás palestinas Maha Nassar e Juani Rishmawi.

Maha Nassar é educadora e membro da OLP (Organización para a Liberación de Palestina). É Presidenta da Unión de Comités de Mulleres Palestinas, que ten por obxectivo a concienciación das mulleres sobre os seus dereitos sociais, económicos e políticos. A situación dos presos, a desprotección das mulleres e os nenos son tamén unha das súas constantes na súa loita contra a pobreza.

Pola súa banda, Juani Rishmawi vive desde 1984 en Gaza. É coordinadora de proxectos para a saúde e traballa na ONG Unión of Health Work Committeee (UHWC), unha organización que naceu para mellorar o debilitado sistema sanitario. Actualmente esta organización dirixe un hospital e catro centros médicos, así como centros culturais con bibliotecas, campamentos e outras actividades lúdicas.

Ámbalas dúas darán esta tarde unha charla sobre "Muller e saúde", organizada pola Asociación Galicia por Palestina. Será na Galería Sargadelos, ás 20 horas.

Compartir: