ALCALDÍA

O CES abordou o acordo de cooperación universitaria de Medicina

18/03/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu unha reunión do plenario do Consello Económico e Social da cidade, celebrado na Casa do Concello.

A orde desta reunión día compoñíase dun punto único: dar conta do acordo de cooperación universitaria na docencia do Grao de Medicina. Foi o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro, o que compareceu a petición propia para informar e dar resposta aos membros do pleno sobre este asunto. Esta xuntanza tiña unicamente carácter informativo.

Está previsto que este mesmo tema de Medicina sexa debatido no Pleno ordinario do xoves 25 de marzo e, posteriormente, nu Pleno extraordinario solicitado polo PP o luns 29.

Compartir: