XUNTA DE GOBERNO

Aprobada a convocatoria para acceder a espazos e recursos da Casa das Asociacións de Benestar Social

16/03/2010 A Xunta de Goberno aprobou as bases, a convocatoria e os impresos de solicitude para o outorgamento de autorización de cesión de espazos e recursos da Casa das Asociacións de Benestar Social a entidades ou asociacións. Ademais, deuse o visto bo a diversos contratos relacionados con obras do Fondo Estatal para a Sostibilidade Local.

Coa apertura do prazo de solicitude, as entidades interesadas poden optar as cesións de uso dos espazos e recursos da Casa. Na determinación das autorizacións teranse en conta criterios como o número de persoas asociadas, a antigüidade da entidade, os seus programas e actividades, o número de beneficiarios das súas activdades, os obxectivos dos proxectos ou a pertenza a consellos de participación municipal, redes ou plataformas asociativas. A autorización será gratuíta

FES 2010, travesías e espazos públicos
En materia de contratos, autorizouse a prórroga do prazo para o remate de dúas obras incluídas no convenio de espazos públicos. Trátase da actuación na rúa Cruceiro do Gaio e Poza de Bar, con oito semanas máis, ata o 27 de marzo de 2010, e da obra da rúa do Espírito Santo. Neste caso a próroga é por tres meses, ata o 5 de xuño de 2010.

Xa nas obras dos accesos á cidade, adxudicáronse provisonalmente as direccións facultativas medias e de seguridade das obras de Galeras-Salvadas-Vista Alegre e da de Romero Donallo-Santa Marta-Choupana-Volta do Castro, por 51.900 e 42.000 euros respectivamente. Ademais, elevouse a definitiva a adxudicación da dirección facultativa da primeira da primeira das actuacións, por 48.000 euros.

En canto aos Fondos Estatais para a Sostibilidade Local, aprobouse o proxecto e iniciouse o expediente de contratación das obras de mellora nas redes de saneamento, alumeado e seguridade vial da rúa Rei Alvite, cun tipo de licitación de 172.413 euros máis IVE. Ademais, iniciáronse os trámites para contratar as direccións facultativas das obras na rúa Arzúa (A Almáciga), no contorno do río Corvo (Salgueiriños) e de construción do centro sociocultural de Santa Marta.

Novo rexistro auxiliar
No ámbito da Reforma Administrativa, acordouse a creación dun Rexistro Auxiliar do Rexistro Xeral de saída de documentación nos Servizos Sociais do Concello, situados na rúa Isaac Díaz Pardo 2-4, e ampliar o cometido de saída de documentación nos rexistros auxiliares do Ensanche e de Fontiñas.

Equipos de obras
Finalmente, aprobouse a apertura dun novo proceso de selección de candidatos/as para cubrir as prazas desertas nas especialidades de xefes de equipo (2 prazas) e albanelería (17 prazas) dos Equipos de Obras e Emprego da Iniciativa Urbana Santiago Norte. Apróbase igualmente a solicitude de candidatos e candidatas ao Servizo Público de Emprego de Galicia para este proceso e a contratación dos 29 candidatos seleccionados pola Comisión de Selección o 12 de febreiro de 2010.

Documentos relacionados



Compartir: