DEPORTES

FC Barcelona, SC Braga e a Selección de Santiago Sub-19 disputarán o I Trofeo de Fútbol Base "Cidade de Santiago"

12/03/2010 O concelleiro de Deportes, Bernardino rama, presentou o I Torneo Internacional Cidade de Santiago de Fútbol Base, que se disputará no Estadio de San Lázaro o mércores 31 de marzo.

Este I Torneo Internacional de Fútbol Base Cidade de Santiago, en categoría Sub-19, contará coa participación do FC Barcelona, do SC Braga e da Selección de Santiago. O torneo disputarase polo sistema de competición de triangular.

O primeiro partido será ás 17:00 horas, e enfrontará a barceloneses e portugueses. Unha hora despois, o SC Braga medirase á Selección de Santiago. O triangular pecharase ás 19:00 horas co partido entre o combinado compostelán en o FC Barcelona.

Compartir: