CULTURA

Curtocircuíto pecha o prazo de inscrición de curtas con 2.289 traballos recibidos

10/03/2010 O 5 de Marzo pechouse o prazo para todos aqueles que quixeran inscribir as súas curtas e estar presentes nunha nova edición de Curtocircuíto. Unha vez rematadas as datas de inscrición, a cifra de curtas presentadas este ano ascende a un total de 2.289.

As producións abranguen tódolos xéneros e nacionalidades. Países tan diversos como Acerbaián, Colombia, Xordania ou Filipinas teñen representantes entre as curtas recibidas. Un comité de selección decidirá cáles serán os traballos elixidos para ser proxectados durante a Semana Oficial do festival, que este ano cambia de datas.

Poderemos gozar das mellores curtas do panorama nacional e internacional do 23 ó 30 de Maio. O cambio no calendario do festival non repercutiu na participación, que se mantivo por riba das 2.200 curtas, como vén sendo habitual no festival compostelán.

Como cada ano, a Semana Oficial contará cunha categoría competitiva e una programación paralela que incluirá, entre outros, programas para cativos, curtas de terror e una programación especial sobre o país convidado nesta edición: Cuba.

Máis información na web www.curtocircuito.org.

Compartir: