PARTICIPACIÓN CIDADÁ

A Casa das Asociacións acolle unha mostra sobre "Solidaridad Obrera"

08/03/2010 A Casa das Asociacións (rúa Manuel Beiras, 3 – antiga estación de Cornes) acolle dende mañá martes, 9 de marzo, e ata o sábado 13, a exposición "1907-2009. 100 anos de imprensa anarco-sindicalista e obreira", organizada pola Confederación Nacional do Traballo CNT-AIT.

A exposición consta de 22 paneis que percorren 100 anos da historia do movemento anarco-sindicalista, dende o prisma dun periódico como "Solidaridad Obrera", coñecido como o "Soli", fundado en Barcelona en 1907 e cuxas páxinas foron o reflexo fiel da historia dun pobo, e das ansias de Revolución Social.

A inauguración será mañá martes ás 19:00 horas. A continuación realizarase a performance poética "Facendo memoria", coa participación de Xiana Arias e María Rosendo, para finalizar cun recital de música tradicional anarquista a cargo de Brais e Xurxo.

Ademais, o xoves 11 de marzo haberá un recital poético ás 19:00 horas, que contará coa presenza de Pili Beiro, Rosa Enríquez, Xiana Arias, Claudio Rodríguez Fer, X. L Santos Cabanas e Gaspar Domínguez.

Documentos relacionados



Compartir: