EDUCACIÓN

A Escola Municipal de Música adquire novo material

05/03/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo e a concelleira de Educación, Mercedes Rosón visitaron a Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela para compartir coas familias e alumnado a nova dotación instrumental, audiovisual e de son do centro. Esta compra supuxo para a Concellería de Educación un investimento de 43.000 euros.

Con esta adquisición, o Concello segue a intentar mellorar ano a ano a calidade da formación do alumnado, pero tamén de favorecer novas propostas e oportunidades musicais na Escola Municipal de Música. Así, favorécese tamén que o alumnado que empeza a súa formación instrumental poida utilizar o fondo instrumental da Escola sen ter que mercalo nun principio, ben porque non ten recursos económicos, ben porque a esas idades temperás non se ten consolidada a elección de instrumento. Con esta opción, os alumnos pode probar durante un tempo sen ter que facer un desembolso importante.

Durante a visita, o alcalde e a concelleira tiveron a oportunidade de visitar as diferentes aulas, falar con profesores, alumnos e familias e gozar dunha pequena interpretación a cargo da orquestra da Escola Municipal de Música.

Compartir: