BENESTAR SOCIAL

Comezaron os obradoiros de grupo do Programa Educativo para a Erradicación da Infravivenda

02/03/2010 O martes 2 de marzo deron comezo os obradoiros de grupo do Programa Educativo para a Erradicación da Infravivenda, que leva adiante a Concellería de Benestar Social en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña.

O obxectivo deste programa é apoiar ás familias no acceso ás políticas e recursos existentes en materia de vivenda. Así, durante as catro sesións que comprenden estes obradoiros preténdese traballar sobre a relación existente entre vivenda e benestar, facilitar a comunicación e as relacións veciñais, fomentar o consumo responsable e formar na prevención de riscos dentro do fogar.

Os obradoiros desenvolveranse nos Centro Socioculturais Aurelio Aguirre de Conxo e o José Saramago, de Vite, os martes e mércores, respectivamente, en horario de 10:30 a 12:00 horas. A actividade rematará o mércores 24 de marzo.

Compartir: