RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

Recepción á directiva do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

26/02/2010 O concelleiro de Relacións Institucionais, Andrés Fariña, recibiu en Raxoi a unha representación da Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, encabezada polo seu decano, Xosé Manuel Pereiro.

A reunión foi unha toma de contacto co Concello do Colexio, cando se cumpren 10 anos do seu funcionamento. Os xornalistas explicáronlle a Fariña as principais liñas de traballo e actividades do organismo para 2010 e expresáronlle a súa vontade de colaboración.

Compartir: