PLENO

O Pleno aproba un suplemento de crédito de algo máis de catro millóns de euros para o exercicio 2010

25/02/2010 Na sesión ordinaria do Pleno municipal aprobouse, cos votos favorables do grupo de Goberno e o voto en contra do PP, un suplemento de crédito de 4.135.000 euros para o exercicio 2010. Esta cantidade servirá para facer fronte a obras cuxo financiamento está comprometido con cargo a outras administracións. É o caso do convenio de travesías e o do Casco Histórico.

ANa sesión ordinaria do Pleno municipal aprobouse, cos votos favorables do grupo de Goberno e o voto en contra do PP, un suplemento de crédito de 4.135.000 euros para o exercicio 2010. Esta cantidade servirá para facer fronte a obras cuxo financiamento está comprometido con cargo a outras administracións. É o caso do convenio de travesías e o do Casco Histórico.

A concelleira de Facenda, Rosa Fernández, explicou que desta cantidade, 875.000 euros se destinan ás obras previstas no convenio coa Consellería de Vivenda para o Casco Histórico. Estas obras xa están contratadas e necesariamente se realizarán en 2010. Algo semellante sucede coas obras do chamado convenio de travesías, asinado coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para a reurbanización dos accesos á cidade. A anualidade que lle corresponde ao Concello para o exercicio 2010 son 3.260.000 euros.

Proposicións e mocións
No capítulo de mocións, o Pleno aprobou por unanimidade unha declaración institucional con motivo da celebración o 8 de marzo do Día Internacional das Mulleres. Tamén se aprobou, desta vez co voto favorable de PSOE e PP unha declaración de solidariedade coa familia de Orlando Zapata, o disidente cubano falecido tras unha folga de fame. O BNG amosou o seu desacordo con algunha parte do texto e do fondo da declaración, polo que votou en contra.

Outra proposición aprobada, pero neste caso cos votos favorables do BNG e PP e coa abstención do PSOE, foi a relativa á adhesión ao manifesto "Galicia ten dereito". Este escrito, fora asinado no Parlamento galego por representantes de BNG, PPdeG, CIG, UXT, CCOO e Confederación de Empresarios de Galicia. Aposta por "preservar a Lei de Caixas de Galicia" e polo "dereito a propiciar a fusión das súas caixas".

Ademais, aprobouse unha proposición do PP, grazas á abstención dos concelleiros do grupo do Goberno, na que se "expresa ao Goberno de España o malestar por non engadir a Santiago de Compostela como sede para a celebración dun cumio de xefes de Estado da Unión Europea, nin de ministros da UE durante o período da Presidencia Española da UE".

Compartir: