BENESTAR SOCIAL

O grupo de traballo en rede de Conxo – Milladoiro organiza a primeira das charlas sobre a familia como axente de socialización

25/02/2010 O grupo de encontro de educadores/as Conxo - Milladoiro inicia unha serie de charlas café, dirixida a nais, pais, profesorado e educadores/as baixo a idea da importancia que ten a familia como axente de socialización. A primeira destas charlas terá lugar mañá venres, ás 18:00 horas, na Casa das Asociacións de Cornes (rúa Manuel Beiras, 3).

O título desta primeira charla é "A comunicación" e nela participaran pais, nais, profesorado, educadores/as e Mª José Blanco Freire, psicóloga das escolas de pais e nais da Concellería de Benestar Social e Igualdade. O acto terá unha duración aproximada de 45 minutos.

Aqueles pais e nais que participen na charla café terán á súa disposición un servizo de atención para os seus fillos e fillas.

Documentos relacionados



Compartir: