ALCALDÍA

Santiago acollerá en maio o IV Congreso Nacional de Auditoría no Sector Público

23/02/2010 O conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia, Antonio López Díaz, reuniuse o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, para explicarlle de primeira man o programa do IV Congreso Nacional de Auditoría no Sector Público que se celebrará no Palacio de Congresos e Exposicións do 25 ao 27 de maio.

Sánchez Bugallo recibiu a invitación a participar nos actos protocolarios deste congreso, que reunirá en Santiago a preto de 500 persoas. Os temas fundamentais nos que se incidirá nas mesas redondas, seminarios e comunicacións serán a fiscalización en épocas de crise económica e a fiscalización da xestión sanitaria.

Compartir: