CULTURA

A Banda Municipal ofrece un concerto especial de Entroido con alumnos do Conservatorio Profesional da Coruña

16/02/2010 A Banda Municipal de Música ofrece un concerto especial con motivo das festas do Entroido. Será o mércores 17, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia e a entrada será libre. A Banda, dirixida por X. Carlos Seráns, estará acompañada por alumnos do Conservatorio Profesional da Coruña.

O programa constará de dúas partes. Nunha primeira, interpretarán a Symphonic Overture, de J.Barnes; Fandango, de J Turrin, con sós de trompeta de Juan Lois Diéguez e de trombón de Daniel Portas González; e Estrasántico, de S. Couceiro. Xa na segunda parte as pezas que interpretarán serán Esbozos Sinfónicos, do propio director da Banda, Xosé Carlos Seráns, e Hans Christian Andersen Suite, de S. Hildgaard.

O mesmo concerto repetirase o xoves 18, ás 20:30 horas, no Auditorio do Conservatorio Profesional da Coruña.

Compartir: