PLENO

Designados polo Pleno os dous representantes municipais na Asemblea Xeral de Caixa Galicia

15/02/2010 Nunha sesión extraordinaria do Pleno, a Corporación elixiu por unanimidade os dous representantes municipais na Asemblea Xeral de Caixa Galicia. Os dous elixidos foron Francisco Reyes Santiás, a proposta do PSOE, e Isidro Parga Menéndez-Manjón, a proposta do PP.

Francisco Reyes Santiás, de 48 anos, é doctor en Ciencias Económica e licenciado en Dereito. Especialista en economía e xestión da saúde, ten unha longa experiencia como consultor. Traballa como investigador do Instituto Universitario de Ciencias Neurológicas "Pedro Barrié de la Maza" (USC) e está desenvolver diversos estudos sobre xestión sanitaria para o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Isidro Parga Menéndez-Manjón, de 42 anos, é licenciado en Física Teórica e ten experiencia profesional no campo do asesoramento financeiro e das axencias de valores e bolsa.

Compartir: