DEPORTES

Santiago de Compostela acolle a XXI Copa de España de Fútbol Sala

09/02/2010 Dende o xoves 11 ata o domingo 14 de febreiro, celebrarase na cidade a XXI edición da Copa de España de Fútbol Sala, un importante evento deportivo que foi adxudicado ao Concello de Santiago e que organizará a Liga Nacional de Fútbol Sala.

Esta competición de carácter nacional congrega no Multiusos do Sar aos 8 mellores equipos clasificados na primeira volta da liga regular de división de honra de fútbol sala de España, é dicir: ElPozo Murcia Turística; Inter – Movistar, Xacobeo 2010 Lobelle Santiago, FC Barcelona, Caja Segovia, Reale Cartagena, Marfil Santa Coloma e Sala 10 Zaragoza.

Xornada 11 de febreiro. Cuartos de final

O Xacobeo Lobelle, alcanzou as semifinais tras gañar nun emocionante partido ao Caja Segovia por 2-1. Nun Multiusos do Sar cun excelente ambiente, un gol de Leitao a falta de 14 segundos decidiu o partido a prol do conxunto compostelán.

Na outra semifinal, o Inter Movistar impúxose ao Sala 10 Zaragoza por 4-3. Quedaba así conformada a primeira semifinal do sábado, Xacobeo Lobelle - Inter Movistar.

Antes de comezar o partido, os xogadores integrantes da Selección Española de fútbol sala, recentemente gañadora do Campionato de Europa, foron homenaxeados no centro da pista. O presidente da Liga Nacional de Fútbol Profesional, Javier Lozano, entregoulles un agasallo.

Xornada 12 de febreiro. Cuartos de final

F.C. Barcelona e ElPozo Murcia Turística disputarán a segunda semifinal da Copa, tras vencer respectivamente a Reale Cartagena (5-4) e a Marfil Santa Coloma (6-5). O axustado dos marcadores fala da igualdade de dous partidos que tiveron emoción ata o final.

Xornada 13 de febreiro. Semifinais

Xacobeo 2010 Lobelle e ElPozo Murcia disputarán a final da Copa de España de Fútbol Sala tras eliminar en semifinais, respectivamente, ao Inter Movistar (3-1) e ao F.C. Barcelona (1-7). Os dous equipos reeditarán a recente final da Supercopa, disputada en Vigo, onde gañaron os murcianos na prórroga, se ben o equipo compostelán estivo a poucos segundos de levar o título.

No descanso da primeira semifinal, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, cedeu o testemuño ao alcalde de Segovia, Pedro Arahuetes, como cidade organizadora de seguinte Copa de España. No acto participaron tamén os concelleiros de Deportes de ámbalas cidades, Bernardino Rama e Javier Arranz, e o presidente da Liga Nacional de Fútbol Sala, Javier Lozano.

Xornada 14 de febreiro. Final

ElPozo Murcia proclamouse gañador da Copa de España, tras gañar por 2-3 na prórroga ao Xacobeo 2010 Lobelle.

CALENDARIO E RESULTADOS

Xoves 11 de febreiro – Cuartos de Final

o Xacobeo 2010 Lobelle de Santiago 2 - Caja Segovia 1

0-1: 1' Lin
1-1: 1' Rafael
2-1: 40' Leitao

o Inter Movistar 4 - Sala 10 Zaragoza 3

0-1: 9' Corvo
1-1: 12' Borja
2-1: 15' Neto
3-1: 24' Schumacher
4-1: 36' Daniel
4-2: 39' Corvo
4-3: 40' Víctor Tejel

Venres 12 de febreiro – Cuartos de Final

o F.C. Barcelona 5 – Reale Cartagena 4

0-1: 16' Sergio Lozano
0-2: 20' Sergio Lozano
1-2: 20' Ari
2-2: 23' Saad
3-2: 31' Fernandao
4-2: 34' Cristian
5-2: 37' Ari
5-3: 38' Cobeta
5-4: 39' Chico (p.p)

o ElPozo Murcia 6 – Marfil Santa Coloma 5

0-1: 14' Héctor
1-1: 20' Vinicius
2-1: 22' Ciço
3-1: 28' Saúl
4-1: 31' Wilde
4-2: 33' Héctor
4-3: 34' Dani Salgado
5-3: 35' Wilde
5-4: 37' Héctor
6-4: 38' Mauricio
6-5: 38' Dani Salgado

Sábado 13 de febreiro - Semifinais

o Xacobeo 2010 Lobelle de Santiago 3 - Inter Movistar 1

1-0: 2' Leitao
2-0: 35' Eka
3-0: 37' Rafael
3-1: 39' Borja

o F.C. Barcelona 1 - ElPozo Murcia 7

0-1: 3' Vinicius
0-2: 10' Saúl
1-2: 16' Fernandao
1-3: 27' Saúl
1-4: 36' Juanjo
1-5: 37' Barroso
1-6: 37' Wilde
1-7: 40' Esquerdinha

Domingo 14 de febreiro. Final da Copa de España

o Xacobeo 2010 Lobelle de Santiago 2 - ElPozo Murcia 3

0-1: 2' Vinicius
1-1: 22' David
1-2: 24' Wilde
2-2: 26' Pola
2-3: 41' Mauricio

Esta actividade conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

Direccións relacionadas



Compartir: