ALCALDÍA

O alcalde presentoulle ás asociacións de veciños a reurbanización do tramo Galeras-Salvadas-Vista Alegre

08/02/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse coas asociacións de veciños de Brañas de Andrés e de Galeras para presentarlles o proxecto de reurbanización do tramo comprendido polas rúa Galeras, Salvadas e Vista Alegre. O proxecto será presentado publicamente o martes 9.

Esta actuación vai supor unha mellora na imaxe urbana e na calidade de vida deste tramo, dunha lonxitude de 1.220 metros cadrados. Un dos aspectos máis salientables é que se gañará espazo para os peóns, especialmente naqueles lugares onde agora non hai beirarrúas ou son moi estreitas. Tal é o caso dun tramo a carón do antigo edificio da Casa das Máquinas (futuro Centro de Estudos Locais Ánxel Casal) ou preto do cruce de Santa Isabel.

Compartir: