ALCALDÍA

A Administración municipal, na escola

05/02/2010 Un grupo de alumnos e alumnas do IES Antón Fraguas, de Fontiñas, están a realizar un traballo sobre a Administración municipal, no marco do programa educativo europeo Comenius. Con esta fin, foron recibidos en Raxoi polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.

O alcalde explicoulles diferentes aspectos do funcionamento do Concello. Algúns destes alumnos, acompañados de profesores, xa asistiran o 28 de xaneiro ao Pleno municipal.

O proxecto no que está traballando o IES Antón Fraguas denomínase "Participación democrática e cidadanía na escola e no seu entorno". Nel participan tamén catro escolas das cidades de Espergaerde (Dinamarca), Krefeld (Alemaña), Smiltene (Letonia) e Tampere (Finlandia).

Alumnos e profesores viaxarán ao longo dos dous anos do proxecto a cada unha das escolas participantes para intercambiar experiencias sobre o funcionamento das institucións democráticas. Xa estiveron en Alemaña e proximamente irán a Dinamarca. En outubro deste ano 2010, alumnos das outras catro escolas do proxecto viaxarán a Santiago.

Compartir: